Skip to main content

Estreamos abono dixital con tecnoloxía NFC

Dende esta mesma semana, os abonados do Racing poderán empregar este sistema para o acceso a A Malata.

There are no reactions yet. Be the first!

Dende esta mesma semana, os abonados do Racing Club Ferrol poderán acceder a A Malata empregando un novo abono dixital que inclúe tecnoloxía NFC -sen contacto-, de tal maneira que só achegando os seus dispositivos móbil á parte superior dos tornos facilítaráselle a entrada no campo.

Para iso, non teñen máis ca descargar a app do club e rexistrarse como usuarios. Dentro do seu perfil e tras cubrir varios datos de control que garantan a súa identidade -DNI, número de socio e código pin- terán acceso ao enlace desde o que descargar o abono dixital no wallet do seu teléfono.

O novo abono dixital non invalida nin o abono físico nin os códigos QR. De feito, naquel dispositivos móbil que non acepten a tecnoloxía NFC, o abono dixital incluirá tamén un código QR.

Dende o club recomendamos que, polo menos nos primeiros partidos, os aficionados porten tamén o seu abono físico por se houbese algún inconveniente coa lectura nos tornos.

Os pasos a seguir polos abonados que queiran comezar a facer uso do seu abono dixital son:

  1. Iniciar sesión ou rexistrarse no entorno dixital do club (app ou web)
  2. Acceder ao perfil e seleccionar “abono dixital”
  3. Introducir os datos de abonado
  4. Descargar o abono dixital no seu wallet

RESOLVE AS TÚAS DÚBIDAS

 

Para o Racing, implementar esta nova tecnoloxía é un fito realmente importante que, ademais de reafirmar o noso compromiso coa modernización do club, vai mellorar e facilitar o acceso dos nosos abonados ao recinto.

Ademais, posto que está directamente ligado ao rexistro no noso ecosistema dixital, nos vai permitir que esos aficionados se sintan aínda máis preto do club e manter unha relación directa e máis estreita con eles.

O rexistro vai ser imprescindible para dispoñer do abono dixital, pero dende o seu perfil na app ou na web tamén van poder acceder a outros aspectos importantes como a actualización dos seus datos ou, nun futuro esperamos que cercano, o acceso ás súas entradas.

Dende o Racing Club Ferrol animámosvos a que aceptedes o envío de comunicacións, pois nese afán de ter un contacto directo e fluído cos nosos abonados, queremos que o noso servizo de mailing se converta no principal canal de comunicación con eles. Actualmente xa estamos enviando información detallada dos prepartidos e postpartidos, ademais de facilitarlles o acceso a contidos premium, sorteos, información actualizada...