Visita á planta pediátrica do CHUF Arquitecto Marcide
Unha representación do persoal compartiu cos pequenos ingresados momentos de ilusión
Tivemos a boa fortuna de que o pasado mes de decembro, cando tiñamos programada a nosa visita de Nadal á planta pediátrica do CHUF Arquitecto Marcide, non había ningún pequeno ingresado no centro hospitalario.
Porén, non queriamos “faltar” a unha cita que xa é tradicional na nosa axenda e que sempre nos enche de boas sensacións, grazas ao agarimo que nos transmiten os pequenos pacientes coas súas sorrisos e entusiasmo.
Na tarde de onte, Markel Artetxe, Álvaro Juan, Migue Leal, Álex Zalaya, Álvaro Mardones, Lucas Díaz, Miquel Leal e Pascu, en representación de toda a plantilla e corpo técnico, así como representantes da Fundación Racing Club Ferrol e do propio club, percorreron as habitacións dos nenos e nenas ingresados para entregarlles agasallos, asinar autógrafos, facerse moitas fotos e compartir uns minutos de conversa.
Levamos os sorrisos, os ánimos e os bos desexos de todos eles no corazón e asegurámosvos que serán enerxía para afrontar os nosos próximos retos.