Skip to main content

O Racing potencia a súa dianteira coa chegada de Ekain Azkune

Ocupará a praza sénior que deixa vacante Álvaro Peña, con quen o club chegou a un acordo para a rescisión do seu contrato

There are no reactions yet. Be the first!

Ekain Azkune (Errentería, 26/01/2001) reforzará o ataque do Racing Club Ferrol tras chegar a un acordo co Athletic Club para o traspaso do futbolista guipuscoano, quen militou nos últimos meses no SV Ried, da Bundesliga austríaca, en calidade de cedido. A transferencia inclúe un bonus por rendemento e unha porcentaxe de posible venda.

Azkune é un dianteiro dinámico e versátil, que pode xogar tamén como extremo. Destaca pola súa verticalidade e a súa capacidade para atacar os espazos, así como por un gran desmarque e o seu instinto na área rival.

O futbolista guipuscoano desenvolveu a maior parte da súa carreira nos equipos de base e filiais da Real Sociedad. Co equipo B da entidade txuri-urdin marcou 12 goles na tempada 23/24, o que chamou a atención do Athletic Club, que pechou a súa fichaxe ao termo desa campaña.

Azkune disputou 82 partidos en Primeira Federación nas últimas tres tempadas, con máis de 4.279 minutos, nos que marcou 18 goles.