Venda de entradas para o partido contra o CD Lugo na Malata
O encontro disputarase ás 16.15 horas
There are no reactions yet. Be the first!
A partir das 14.00h sairán á venda as entradas para o partido de Liga Versus E-Learning de Primeira Federación que este sábado 7 de febreiro, a partir das 16.15 horas, disputaremos na Malata ante o CD Lugo.
As localidades poderán adquirirse tanto de forma presencial, nas oficinas da Malata, como en liña.
Os prezos son os seguintes
- Tribuna: 25 €
- Preferencia: 20 €
- Fondo Norte: 15 €
As entradas para a afección visitante serán xestionadas directamente polo CD Lugo.
Horarios
- Venda en liña: Neste enlace
- Venda física: martes a xoves, de 10:00 a 16.30 horas; venres, de 10.00 a 13.30 horas; sábado, nas billeteiras da Malata situadas na bancada de Preferencia desde unha hora antes.