Skip to main content

Martim Tavares incorpórase ao Racing

O futbolista chega cedido polo Marítimo

There are no reactions yet. Be the first!

Martim Tavares (Oporto, 10/11/2003) vestirá a camiseta do Racing Club Ferrol ata final de tempada. O dianteiro portugués chega cedido polo Club Sport Marítimo de Funchal, que milita na Segunda División lusa.

Dianteiro centro destro, Tavares caracterízase pola súa mobilidade, a súa capacidade para atacar os espazos, ofrecer desmarques de ruptura e remate en área. É un futbolista implicado na presión, con boa disposición para o traballo sen balón e con recursos para asociarse, baixar a recibir e dar continuidade ao xogo ofensivo, calidades que lle permiten adaptarse a diferentes rexistros na liña de ataque.

Formado na canteira do FC Porto, o seu olfacto goleador propiciou que o Boavista FC o fichase na tempada 21/22, inicialmente para o seu equipo sub-19, aínda que non tardou en facerse un oco no primeiro equipo da entidade, no que, a pesar da súa xuventude, deixou mostras da súa calidade e olfacto goleador. Na campaña 24/25 recalou no Marítimo, co que anotou sete goles o pasado exercicio.

Martim Tavares foi internacional sub-20 con Portugal, selección coa que disputou a Liga Elite U20.

¡Benvido, Martim!