Primer Equipo
Venta de entradas para o partido ante o CD Castellón no Skyfi Castalia
As entradas teñen un prezo de 20€
There are no reactions yet. Be the first!
Xa temos á venda as entradas para a bancada visitante no estadio Skyfi Castalia de cara ao partido que o Racing Club Ferrol disputará o mércores, ás 19.00 horas, en Castellón.
As localidades son nominativas e poderán adquirirse ata o luns ás 14.00 horas, tanto de forma presencial nas oficinas do club en A Malata; como telematicamente, no correo electrónico marcosmartin@racingclubferrol.net; e telefonicamente, a través do 981 32 33 00. O prezo das entradas é de 20€ e durante o proceso de compra os interesados deberán aportar o seu nome, DNI e correo electrónico, pois será o propio CD Castellón o que, unha vez abonada a entrada, a envíe por correo electrónico.