Skip to main content
Primer Equipo

Saúl García incorpórase ao Racing Club Ferrol

O lateral esquerdo cántabro procede do Real Racing Club

There are no reactions yet. Be the first!

Saúl García (Vioño de Piélagos, 1994) incorpórase á disciplina do Racing Club Ferrol. Cunha gran presenza sobre o campo e unha notable experiencia, o lateral esquerdo procedente do Real Racing Club poñerase hoxe mesmo ás órdenes de Pablo López para comezar a súa posta a punto.

Futbolista que destaca pola súa amplitude de percorrido pola banda, así como pola súa capacidade para centrar desde distintas alturas.

Formado nas categorías de base da entidade cántabra, Saúl García acumula experiencia en todas as categorías do fútbol nacional, tras pasar por escuadras como o RC Deportivo, CD Tenerife, Girona CF, RCD Mallorca, CD Numancia, Deportivo Alavés, Rayo Vallecano ou Real Sporting.

Nos tres últimos exercicios volveu á “casa” para defender a camiseta do Real Racing.

Agora, emprende unha nova etapa, tamén como racinguista, na que esperamos que faga de Ferrol a súa casa.