Sergio Tejera, novo xogador do Racing Club Ferrol
O futbolista, que chega do Apol Nicosia, acumula unha notable experiencia no fútbol nacional
Experiencia, control do xogo e unha esquerda efectiva a balón parado. Esa é a carta de presentación coa que Sergio Tejera (Barcelona, 1990) se incorpora ao Racing Club Ferrol. O xogador catalán, que asina como axente libre, acaba de selar a súa incorporación á entidade ferrolá e integrarase de forma inmediata ao traballo do equipo.
Procedente do Apoel de Nicosia, equipo chipriota co que a pasada tempada xogou a previa da Champions, Conference e Europa League, este pivote zurdo acumula unha dilatada experiencia no fútbol nacional, con 43 partidos en Primeira División e 264 en Segunda, portando a camiseta de RCD Mallorca, RCD Espanyol, Deportivo Alavés, Nàstic de Tarragona, Real Oviedo ou FC Cartagena. A entidade albinegra foi, precisamente, o seu último club en España antes de enrolarse no Anorthosis Famagusta de Chipre, no que xogou unha tempada e media. No seu último exercicio no Apoel, disputou 45 partidos entre todas as competicións con dez asistencias e un gol no seu haber.
Sergio Tejera chega a Ferrol para achegar equilibrio e control ao xogo, pero tamén para sumar no rigor táctico, xogo aéreo e intensidade nos duelos individuais no centro do campo