Venda de entradas para o partido do sábado na Malata contra o Real Madrid Castilla
O duelo disputarase o sábado, ás 21.00 horas
There are no reactions yet. Be the first!
Xa están á venda as entradas para o partido de Liga Versus E-Learning de Primeira Federación que este sábado día 11, a partir das 21.00 horas, disputaremos na Malata ante o Real Madrid Castilla.
As localidades poderán adquirirse tanto de forma presencial, nas oficinas da Malata, como en liña.
Os prezos son os seguintes
- Tribuna: 25 €
- Preferencia: 20 €
- Fondo Norte e bancada visitante: 15 €
Afección visitante: Sectores 10 e 11 de Fondo Norte
Horarios
- Venda en liña: Neste enlace
- Venda física: martes a xoves, de 10:00 a 16.30 horas; venres, de 10.00 a 13.30 horas e o sábado, día de partido, na billeteira da Malata, situada na bancada de Preferencia, desde unha hora antes.