Skip to main content

O Racing busca en Mérida o impulso definitivo cara ao play off

O duelo dispútase mañá ás 18.30 horas no Estadio Romano José Fouto

There are no reactions yet. Be the first!

Dous partidos a domicilio en apenas sete días poñen a proba ao Racing nunha particular Semana de Paixón, que arrinca mañá, ás 18:30 horas, no Estadio Romano José Fouto ante a AD Mérida.

A cita corresponde á 30.ª xornada da Liga Versus E‑Learning de Primeira Federación e obrigará aos pupilos de Guillermo Fernández Romo a amosar a súa mellor versión nun momento clave do campionato, cando os puntos —tanto os que se suman como os que se escapan— adquiren un valor decisivo.

A só un punto do play-off, o conxunto verde mantense plenamente na loita polo seu obxectivo. Para logralo, deberá dar continuidade á dinámica positiva das últimas semanas: tres partidos consecutivos sen perder. Tras dous empates seguidos, asaltar o Romano José Fouto suporía o impulso definitivo para situarse entre os mellores da categoría.

Para este encontro, Guillermo Fernández Romo non poderá contar con Zalaya, sancionado, nin con Pascu, que sofre molestias musculares no recto femoral do cuádriceps esquerdo. Aínda que a doenza non reviste gravidade, o xogador “cae” da convocatoria, polo menos durante esta semana.