Skip to main content

Campaña solidaria de recollida de alimentos en favor de BALRIAL

A acción desenvolverase durante toda a semana con varios puntos de recollida

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol, a través da súa Fundación, pon en marcha mañá unha nova campaña solidaria en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas (BALRIAL), co obxectivo de recoller alimentos para colectivos desfavorecidos.

A campaña desenvolverase ao longo de toda esta semana, ofrecendo diferentes puntos de recollida para facilitar a participación da afección e de toda a cidade:

  • Oficinas do club: de martes a xoves, de 10:00 a 17:00 horas, e venres de 10:00 a 14:00 horas.
  • Estadio da Malata: o sábado, nas portas de acceso ao estadio durante os prolegómenos do partido fronte ao Real Madrid Castilla.
  • Partidos de base: en todos os campos nos que os equipos do club xoguen como locais durante a fin de semana.

Ademais, tamén existe a posibilidade de colaborar mediante aportacións económicas na conta ES09 2100 2215 7802 0020 3259 

Dende BALRIAL faise un chamamento especial á doazón de produtos non perecedoiros como leite, galletas, cereais, conservas vexetais e de peixe e pratos preparados.

O Racing Club Ferrol anima a toda a familia racinguista e á cidadanía a sumarse a esta iniciativa e demostrar, unha vez máis, o seu compromiso solidario.