Venda de entradas para o partido do sábado na Malata contra o Bilbao Athletic
A venda en liña comeza mañá, pero presencialmente poderanse adquirir a partir do xoves
There are no reactions yet. Be the first!
Na xornada de mañá póñense á venda as entradas para o partido da Liga Versus E-Learning de Primeira Federación que este sábado 10 de xaneiro, a partir das 16.15 horas, disputaremos na Malata ante o Bilbao Athletic.
As localidades poderán adquirirse tanto de forma presencial, nas oficinas da Malata, como en liña.
Os prezos son os seguintes
- Tribuna: 25 €
- Preferencia: 20 €
- Fondo Norte e grada visitante: 15 €
Para a afección visitante, os sectores habilitados son o 10 e o 11 do Fondo Norte.
Horarios
- Venda en liña: Neste enlace
- Venda física: Xoves, de 10:00 a 16.30 horas; venres, de 10.00 a 13.30 horas; sábado, nas billeteiras da Malata situadas na grada de Preferencia desde unha hora antes.