Venda de entradas para o partido do domingo en A Malata contra o Barakaldo CF
A venda desenvolverase tanto de forma presencial como en liña
There are no reactions yet. Be the first!
Xa están á venda as entradas para o partido de Liga Versus E-Learning de Primeira Federación que este domingo día 22, a partir das 18.15 horas, disputaremos na Malata ante o Barakaldo CF.
As localidades poderán adquirirse tanto de forma presencial, nas oficinas da Malata, como en liña.
Os prezos son os seguintes
- Tribuna: 25 €
- Preferencia: 20 €
- Fondo Norte e bancada visitante: 15 €
Afición visitante: Sectores 10 e 11 de Fondo Norte
Horarios
- Venda en liña: Neste enlace
- Venda física: luns e mércores, de 10:00 a 16.30 horas; venres, de 10.00 a 13.30 horas e o domingo, día de partido, nas billeteiras da Malata situadas na bancada de Preferencia desde unha hora antes.
- As oficinas permanecerán pechadas na xornada festiva do xoves.