Skip to main content

Adair Legaspi representará a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas

A xogadora infantil do Racing Club Ferrol competirá coa selección galega sub-14 na segunda fase do campionato, que se disputa esta fin de semana en Torrevieja (Alacant).

There are no reactions yet. Be the first!

A nosa xogadora infantil Adair Legaspi defenderá esta semana as cores de Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, cuxa segunda fase disputarase en Torrevieja (Alacante) tanto en categoría sub-14 como sub-16 feminina.

A xogadora do Racing Club Ferrol formará parte do combinado sub-14, que na xornada inaugural do venres enfrontarase á selección de Valencia.

En función dos resultados desa primeira xornada, Galicia afrontará o sábado unha segunda eliminatoria, previa á disputa, xa o domingo, da final e do partido polo terceiro e cuarto posto.

O combinado galego loita en ambas categorías por manter a súa posición en Primeira División.