Skip to main content

Abrimos as portas de A Gándara para celebrar o Día do Pai coa afección

Os xogadores asinarán autógrafos e fotos tras a sesión de traballo

There are no reactions yet. Be the first!

Nunha semana importante para o equipo, queremos compartir convosco unha xornada familiar con motivo da festividade do Día do Pai que se celebra este xoves 19 de marzo.

Convidámosvos a presenciar en directo a sesión de adestramento que se desenvolverá no campo da Gándara, tras a cal os xogadores compartirán un momento cos asistentes para asinar autógrafos e facerse fotografías.

Horario da xornada

  • Apertura de portas: 10:30 horas

  • Adestramento: 10:45 horas

  • Lugar: Instalacións da Gándara