Skip to main content

O Racing busca dar continuidade ao seu bo momento en O Couto

O conxunto verde medirase mañá ao Ourense CF arroupado por medio milleiro de seguidores

There are no reactions yet. Be the first!

Dar continuidade á importante vitoria conseguida o pasado domingo na Malata ante o CP Cacereño é o obxectivo co que o Racing Club Ferrol afronta mañá, a partir das 18.15 horas, a súa visita a O Couto. O partido, correspondente á 28.ª xornada da Liga Versus E-Learning do grupo I de Primeira Federación, enfrontará os ferroláns co Ourense CF nun encontro no que o equipo estará arroupado por máis de medio milleiro de afeccionados verdes.

Un novo desprazamento masivo da afección racinguista, volcada co equipo e disposta a arrouparno na súa loita por acceder aos postos de play-off.

Ese obxectivo pasa porque o equipo saque a relucir en O Couto a súa mellor versión, esa que lle valeu para sumar os últimos tres puntos en xogo. Continuidade é a palabra clave que durante toda a semana planeou sobre o equipo, traducida en enlazar unha serie de bos resultados que teñan unha repercusión clasificatoria significativa e outorguen ao equipo estabilidade.

O outro foco de atención recorrente, a intensidade; á que durante os últimos días se referiron na sala de prensa protagonistas como Raúl Dacosta ou o adestrador do Racing, Guillermo Fernández Romo,: "Temos que igualar ao Ourense CF en intensidade e, a partir de aí, facer a nosa proposta futbolística".

Para o encontro, o técnico non poderá contar cos sancionados Álex Zalaya e Antón Escobar; mentres que nas filas ourensás a baixa máis significativa será a de Jenín Ramos, tamén sancionado.