Skip to main content

Venda de entradas para o partido contra o RC Celta Fortuna na Malata

O partido xógase o venres a partir das 19.00 horas

There are no reactions yet. Be the first!

Xa están á venda as entradas para o partido de Liga Versus E-Learning de Primeira Federación que este venres 20 de febreiro, a partir das 19.00 horas, disputaremos na Malata ante o RC Celta de Vigo Fortuna. 

As localidades poderán adquirirse tanto de forma presencial, nas oficinas da Malata, como en liña.

Os prezos son os seguintes

  • Tribuna: 25 €
  • Preferencia: 20 €
  • Fondo Norte e grada visitante: 15 €

Para a afección visitante, os sectores habilitados son o 10 e o 11 do Fondo Norte.

Horarios

  • Venda en liña: Neste enlace
  • Venda física: luns a xoves, de 10:00 a 16.30 horas; venres, de 10.00 a 13.30 horas e nas billeteiras da Malata situadas na grada de Preferencia desde unha hora antes.