Simulacro inclusivo na Malata
A actividade forma parte dos requisitos para implementar o Plan de Autoprotección do noso estadio.
O Racing Club Ferrol realizou onte nas instalacións do campo de A Malata un simulacro inclusivo, unha acción imprescindible para a implantación do Plan de Autoprotección destas instalacións. Con este documento, a entidade cumpre con un dos requerimentos legais da normativa vixente en materia de seguridade nos espectáculos deportivos e define as normas de actuación a ter en conta no caso de producirse unha emerxencia.
A actividade contou coa presenza dos Coordinadores de Seguridade do CNP para o Racing Club Ferrol e do Concello de Ferrol, e cos responsables da Policía Local de Ferrol, Cruz Vermella, Prosegur, Procontrol, Previnen e Serviocio. Asimismo, por parte do club, tamén acudiron o Director Xeral, o enlace principal, o responsable de mantemento e infraestruturas, o Director de Seguridade e a Directora de Comunicación.
Xa que se trataba dun simulacro inclusivo, entre os figurantes que participaron no mesmo atopábanse varias persoas con discapacidade visual e mobilidade reducida. A súa presenza permitiunos mellorar os nosos protocolos de reacción en situacións de emerxencia adaptándoos a colectivos especialmente vulnerables.