Saúl García, Sergio Tejera e Chema Rodríguez completan o plantel
El Racing pecha o mercado con estas tres incorporacións
O Racing Club Ferrol pechou esta semana o seu cadro de xogadores coa incorporación de Saúl García, Sergio Tejera e Chema Rodríguez. Tres xogadores experimentados que chegaron na recta final do mercado coa intención de aportar solvencia ao proxecto e solidez sobre o terreo de xogo. Con perfís moi distintos, todos coinciden en ostentar unha contrastada traxectoria.
Saúl García, lateral esquerdo con experiencia en numerosos clubs do fútbol profesional español, achegará profundidade pola banda e fiabilidade defensiva. Chema Rodríguez, central zurdo cun amplo percorrido en Primeira e Segunda División, suma xerarquía e oficio á defensa. Pola súa banda, Sergio Tejera, centrocampista creativo con pasado en equipos como RCD Mallorca ou RCD Espanyol, dotará ao medio campo de criterio e experiencia na construción do xogo.
Con estas tres incorporacións, a dirección de fútbol liderada por Álex Vázquez considera pechado o mercado e dá por configurado un cadro equilibrado, no que se combina veteranía con xuventude e talento emerxente. Un grupo co que afrontar unha tempada ilusionante.