A cita autonómica aínda vivirá, polo menos, outra xornada en xuño
Repartidos en dúas sedes, os equipos que concorren a A Nosa Champions afrontaron o pasado sábado a terceira xornada do campionato en Ortigueira e Calo.
O noso equipo de fútbol inclusivo trasladouse á primeira destas localidades para participar nunha sesión que, como as anteriores, destacou polo bo ambiente e ilusión que amosaron todos os participantes.
A cita contou coa presenza do presidente da Comisión Xestora da RFGF, Pablo Prieto, que comprobou de primeira man o enriquecedora que está resultando a experiencia para todas as delegacións.
Dende o ente federativo, organizador do evento, trabállase xa en pechar unha última xornada durante o mes de xuño nunha sede aínda por determinar.