O alevín vive unha experiencia inesquecible na Valnerina International Cup
O torneo, de carácter internacional, desenvolveuse na rexión italiana de Umbría
O noso equipo alevín regresou da súa participación na primeira edición da Valnerina International Cup, disputada a pasada fin de semana na rexión italiana de Umbría, coa maleta chea de enriquecedoras experiencias e momentos que van moito máis alá do resultado deportivo.
Ao longo de tres intensos días de competición, o conxunto verde disputou un total de oito encontros, superando a fase de grupos nun torneo no que se deron cita clubs internacionais e canteiras do fútbol italiano.
Máis alá do rendemento sobre o terreo de xogo, a expedición gozou dunha experiencia profundamente enriquecedora tanto a nivel deportivo como, sobre todo, persoal. A viaxe permitiu aos nosos xogadores convivir con outros países e culturas, así como o ambiente vivido durante todo o torneo, contribuíron a que esta participación se convertese nunha vivencia inesquecible para os nosos mozos, que regresan cunha mochila cargada de aprendizaxe e crecemento.
Desde o club queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á ASD Accademia Valnerina pola excelente organización do torneo e pola invitación cursada, que nos permitiu formar parte dunha cita que, sen dúbida, contribúe ao desenvolvemento integral dos nosos xogadores.