A nosa visita ao CAMF convértese nunha experiencia de aprendizaxe e proximidade
Edgar Pujol e Migue Leal coñeceron de primeira man o labor do centro e as experiencias dos seus usuarios
Unha representación do club encabezada por Edgar Pujol e Migue Leal tivo a oportunidade de visitar a principios desta semana o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física (CAMF) de Ferrolterra. Unha xornada marcada para nós pola aprendizaxe e o intercambio de experiencias.
Durante a visita, os nosos futbolistas puideron coñecer de primeira man as instalacións do centro e as actividades que os usuarios desenvolven no seu día a día, achegándose así ao importante labor social que se realiza desde o CAMF.
Ademais, compartimos cos usuarios da entidade un animado encontro no que houbo tempo para conversas, fotografías e sinatura de autógrafos.
Desde o club queremos trasladar o noso agradecemento pola acollida recibida, así como a nosa noraboa polo gran traballo que se leva a cabo no centro.