O partido de veteranos entre o Racing Club Ferrol e a SD O Val acollerá o domingo unha recollida de alimentos en colaboración coa Cociña Económica de Ferrol
O Racing Club Ferrol e a SD O Val organizan unha recollida de alimentos en favor da Cociña Económica, con motivo do partido da Liga División de Honra de Veteranos que ambos equipos disputarán o domingo 8 de novembro, ás 10.00 horas, no campo de Río Seco (Narón).
Aínda que se aceptarán alimentos de todo tipo, poñen o foco en dous de primeira necesidade: leite e zumes de tamaño pequeno.
Desde o club animamos a toda a familia racinguista e á cidadanía de Ferrolterra a achegarse a Río Seco para gozar do fútbol e sumarse a esta causa solidaria.