Venda de entradas para o partido do sábado contra a UD Logroñés
As localidades poden adquirirse tanto de forma presencial nas oficinas de A Malata como na nosa web
Temos xa á venda as entradas para o partido que este sábado 7 disputaremos a partir das 13.00 horas na Malata ante a UD Logroñés.
As localidades poderán adquirirse tanto de forma presencial, nas oficinas da Malata, como en liña.
Os prezos son os seguintes
- Tribuna: 25 €
- Preferencia: 20 €
- Fondos: 15 €
Horarios
- Venda en liña: Neste enlace
- Venda física: martes a xoves, de 10:00 a 16.30 horas; venres, de 10.00 a 13.30 horas e o sábado, día de partido, nas billeteiras da Malata situadas na bancada de Preferencia desde unha hora antes.
Afección Visitante
A afección visitante estará situada no sector 10 e 11. As entradas terán un prezo único de 15€
Más noticias