Skip to main content
Club

Recollida de xoguetes en A Malata

O club colabora na Operación Xoguete de Oje Ferrol recollendo as achegas dos seus socios durante o partido contra o Real Oviedo

There are no reactions yet. Be the first!

En colaboración co Concello de Ferrol, a Fundación Racing Club Ferrol promove este domingo, durante o partido ante o Real Oviedo, unha recolleita de xoguetes como parte da campaña de Nadal que tradicionalmente organiza Oje Ferrol. 

Voluntarios da entidade estarán apostados en todas as portas de A Malata para recoller os xoguetes que aporten os nosos afeccionados e poder así contribuír con esta "Operación Xoguete" que busca que ningún neno quede sen un sorriso o día de Reis. 

Nos últimos anos, a organización, a través da súa delegación en Ferrol, atendeu a máis de 400 nenos da comarca de entre 0 e 12 anos.

A parte das aportacións materiais, desde a organización contemplan tamén a posibilidade de realizar patrocinios en efectivo. Calquera tipo de colaboración pode xestionarse a través do correo electrónico ojeferrol@gmail.com.