Skip to main content
Club

Peche de tempada cos nosos patrocinadores da man de Louzao

As instalacións de A Malata acollerán este balance da última tempada

There are no reactions yet. Be the first!

En estreita colaboración con Mercedes-Benz Louzao, este xoves reunirémonos nas instalacións de A Malata cos nosos patrocinadores para poñer o broche final á tempada 2024/25.

Este evento será unha oportunidade para repasar os logros dos últimos meses, tanto no ámbito deportivo como no social. Ademais, avaliaremos a importancia da marca Racing Club Ferrol como un activo valioso para o tecido empresarial co que colaboramos estreitamente. A sesión permitirá analizar a estratexia e a transversalidade da nosa proposta, así como as bases sobre as que se consolida o noso proxecto.

Tamén será unha excelente ocasión para profundar nas sinerxias establecidas a través do noso Club de Empresas e para enfocarnos no futuro inmediato, analizando os desafíos que plantexa o noso plan estratéxico para os próximos anos.

O evento terá un componente lúdico significativo, xa que, grazas a Louzao, os asistentes poderán participar nun test de condución dos vehículos de Louzao

A xornada arrincará ás once da mañá e terá como colofón unha comida de confraternización.