Pascu, xogador Estrella Galicia de outubro
Pascu converteuse, grazas aos votos emitidos polos afeccionados racinguistas, no xogador Estrella Galicia do mes de outubro, por diante de Miquel Parera e Álvaro Ramón, que tamén estaban na terna de candidatos deste mes, dado o gran nivel ao que todos eles renderon nas últimas semanas.
Os tres goles —dous deles decisivos na vitoria ante o Arenas Club— do xogador de Santa Pola foron determinantes na súa elección. Pascu, que acumula catro dianas e unha asistencia, está sendo un dos futbolistas máis regulares no cadro racinguista, gañando protagonismo co paso das xornadas.
"Estou moi agradecido por este premio", apuntaba Pascu ao recoller o seu galardón, á vez que poñía o foco no grupo, "porque me estou atopando ben e iso é grazas ao equipo e a como están indo as cousas".