Skip to main content
O Racing e Chema Rodríguez separan os seus camiños

O club chegou a un acordo co futbolista albaceteño para poñer fin á súa vinculación

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol chegou a un acordo con Chema Rodríguez para resolver o contrato que o vinculaba co futbolista.

O central albaceteño chegou ao Racing o pasado verán procedente da SD Eibar para reforzar o centro da defensa. As lesións marcaron boa parte da súa tempada e non lle permitiron gozar de continuidade ata o tramo final da competición. Chema pechou a súa etapa no cadro verde con 13 partidos, 10 deles como titular, 871 minutos e un gol.

Desde o Racing Club Ferrol agradecémoslle o seu desempeño profesional e desexámoslle moita sorte nos seus próximos proxectos persoais e deportivos.