Skip to main content
Acordo para unificar o prezo das entradas da afección visitante

A excepción da Ponferradina, todas as entidades do Grupo I facilitarán a entrada para a bancada visitante a un prezo de 15€.

There are no reactions yet. Be the first!

A maior parte dos clubs do Grupo I da Primeira Federación alcanzamos un acordo conxunto para unificar o prezo das entradas visitantes, co obxectivo de favorecer a asistencia de afeccionados visitantes, facilitar os desprazamentos, fomentar un entorno de respecto e deportividade e promover o apoio mutuo entre afeccionados de distintos equipos.

Este acordo establece o prezo único de 15€ para toda aquela entrada de afección visitante correspondente aos partidos da liga regular entre equipos adheridos a este acordo. A medida será aplicada durante toda a tempada 2026/27, quedando excluídos posibles encontros de promoción ou Copa do Rei.

Xunto co Racing, participan nesta iniciativa: CP Cacereño, AD Mérida, CD Coria, CD Extremadura, CD Mirandés, Arenas Club, Athletic Club 'B', Barakaldo CF, Real Unión Irún, CD Lugo, RC Deportivo Fabril, Pontevedra CF, UD Ourense, Real Avilés Industrial, CYD Leonesa, Unionistas de Salamanca, Zamora CF e UD Logroñés.

Dende o Racing Club Ferrol queremos dar as grazas a todos os clubs participantes polas facilidades mostradas en todo momento para que este acordo puidese saír adiante.