Skip to main content

Parte médico Álvaro Mardones

O futbolista ferrolán, xunto con Artetxe e Tejera, están de baixa. Concha, pola contra, xa ten a alta médica.

There are no reactions yet. Be the first!

As probas diagnósticas realizadas a Álvaro Mardones confirmaron o alcance da lesión que o obrigou a abandonar o encontro do pasado sábado fronte ao CP Cacereño: o futbolista ferrolán sofre un esguince no nocello dereito.

O xogador xa iniciou un tratamento de rehabilitación co obxectivo de acelerar a súa recuperación.

En canto ao estado físico do resto do plantel, a situación actual é a seguinte:

  • Sergio Tejera: Presenta unha doenza muscular no abdutor da perna dereita e continúa traballando na súa recuperación á marxe do grupo.
  • Markel Artetxe: Evoluciona de forma positiva tras a lesión musculotendinosa sufrida hai unhas semanas no recto femoral da perna esquerda. Tamén segue un plan específico de rehabilitación.

Esta semana recibiu a alta médica David Concha, que xa adestra co resto dos seus compañeiros.