Ópticas Noroeste, unha alianza que perdura
A firma protagonizará o partido patrocinado deste domingo ante o Osasuna Promesas
```html
O apoio de empresas comprometidas como Ópticas Noroeste é unha das grandes fortalezas do Racing Club Ferrol. A firma, recoñecida polo seu servizo próximo e a súa implantación en Ferrolterra, onde conta con sete centros, será protagonista do partido patrocinado deste domingo (17.00 horas), correspondente á 37.ª xornada, ante o Osasuna Promesas en A Malata.
Durante a presentación deste encontro, Emma Fernández-Portal Calaza, responsable de Marketing de Ópticas Noroeste, expresou o compromiso da firma co proxecto racinguista, destacando o orgullo que supón para a compañía formar parte da familia racinguista e apoiar un club que representa os valores de esforzo, proximidade e arraigamento comarcal.
“Ópticas Noroeste está ilusionada por acompañar ao Racing e, a través del, mellorar a saúde visual dos veciños de Ferrolterra”, afirmou.
Pola súa banda, Daniel Agra, director de marketing do Racing, agradeceu publicamente o apoio de Ópticas Noroeste, poñendo en valor a implicación dunha empresa que soubo entender a filosofía do club e que contribúe de maneira activa ao seu crecemento.
“Empresas como Ópticas Noroeste son fundamentais para o noso proxecto. A súa confianza e compromiso motívanos a seguir traballando”, sinalou o responsable de Marketing racinguista, quen puxo o foco no interese da firma óptica por desenvolver un acordo que incida na saúde.
Isto reflectiuse nunha campaña de prevención da miopía infantil para os nosos xogadores e xogadoras da canteira, así como en revisións tanto para os nosos xogadores como para os abonados, ademais de descontos.
Como protagonista deste partido patrocinado, Ópticas Noroeste contará cunha maior visibilidade en soportes físicos e dixitais, tanto no estadio de A Malata como nos canais oficiais do club.
```