Skip to main content
GL

Óptica Noroeste, colaborador activo do Racing Club Ferrol

A empresa promoverá descontos para os subscritores e unha campaña de prevención da miopía infantil entre as nosas categorías de base

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol e Ópticas Noroeste aliáronse na prevención da miopía infantil. A empresa, que se uniu nesta tempada á lista de patrocinadores da nosa entidade, desenvolverá unha campaña de prevención entre as nosas categorías de base da que se beneficiarán máis de ducentos nenos e nenas, así como os integrantes do equipo Genuine. Durante a mesma, ofreceranse revisións gratuítas aos nosos xogadores, ademais de aportar información relevante a respecto ás súas familias. 

Unha acción estratéxica que foi anunciada esta mesma mañá durante a presentación de Ópticas Noroeste como novo colaborador do club. De feito, a empresa radicada en Ferrol, na súa decidida aposta polo deporte local, patrocinará o próximo partido en A Malata ante o CD Tenerife

Emma Fernández-Portal Calaza estivo acompañada neste acto por Daniel Agra, director de Marketing do Racing Club Ferrol. Xuntos repasaron tamén os beneficios que os aboados do club terán durante esta campaña en Ópticas Noroeste.