O Racing visita o Arenas Club en Fadura
A cita abrirá mañá venres a xornada na liga Versus e-Learning
O Racing visita Fadura mañá (20:30 horas) para enfrontarse ao Arenas Club con motivo da 36.ª xornada da liga Versus e-Learning de Primeira Federación.
Un duelo ao que chegamos case sen opcións reais de acceder aos postos de play-off, pero coa clasificación para a Copa do Rei como aspiración agora prioritaria. Un escenario que non resta un ápice de motivación ao noso plantel para rematar a tempada da mellor maneira posible, ofrecendo unha versión competitiva acorde ao prestixio do noso club e afección.
Para o encontro de mañá, Guillermo Fernández Romo contará coa baixa de Álvaro Mardones, que sofre unha leve lesión na fascia plantar do seu pé. Tampouco estarán en Fadura Antón Escobar e Miquel Parera, ambos con molestias musculares.