Skip to main content

PARTE MÉDICO | Álvaro Mardones

There are no reactions yet. Be the first!

As probas ás que Álvaro Mardones foi sometido recentemente revelaron que o futbolista ferrolán padece unha leve lesión na parte externa da fascia plantar, acompañada dunha pequena afectación muscular na zona do quinto dedo do pé.

A doenza é froito dun lance do xogo que se produciu no partido ante o Real Avilés e impediu a Mardones participar no último encontro fronte ao Pontevedra CF. 

O xogador garda actualmente repouso e será a súa evolución a que determine os prazos nos que se irá reincorporando ao grupo.