Lucas Díaz, xogador Estrella Galicia do mes de abril
O porteiro foi o máis destacado do equipo segundo os nosos afeccionados
There are no reactions yet. Be the first!
Os afeccionados racinguistas elixiron a Lucas Díaz como Xogador Estrela Galicia de abril, por diante de Álvaro Ramón e Álvaro Giménez, que tamén se postulaban ao galardón.
O porteiro, que recibiu un 48% dos votos emitidos, agradeceu aos seguidores da entidade o seu apoio e puxo en valor o traballo de todo o equipo.