Skip to main content

O Racing recibe ao CD Arenteiro na Malata

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing volve a A Malata coa convicción de reverter a súa desafortunada serie e obter ante o CD Arenteiro unha vitoria balsámica que ratifique a aposta futbolística de Guillermo Fernández Romo. O técnico sentarase por primeira vez no banco do noso coliseo nunha contenda prevista para as 16.15 horas dentro da grella da 21ª xornada da liga Versus E-Learning de Primeira Federación.

O conxunto ferrolán recupera a todos os seus xogadores para este duelo despois de que Sergio Tejera e Markel Artetxe recibisen xa a alta médica das súas respectivas lesións. Porén, o preparador racinguista xa advertiu que tras unha inactividade tan longa, a súa participación estaba no aire. Tamén a de Álvaro Peña, que sufriu unhas molestias tras o último partido.

O CD Arenteiro chega a Ferrol con motivación extra tras arrincar un importante punto na súa visita a pasada semana ao Pontevedra CF. Os de O Carballiño loitan por saír da zona baixa da clasificación.