Skip to main content

O agasallo que premia a túa fidelidade como abonado do Racing

Se non recibiches o teu agasallo no partido contra o CD Lugo, podes recollelo nas oficinas do club.

There are no reactions yet. Be the first!

Co propósito de agradecer a fidelidade dos nosos seguidores, o pasado sábado —coincidindo co partido ante o CD Lugo— repartimos un agasallo especial a todos os abonados que acudiron ao encontro. Un pequeno detalle para recoñecer o voso apoio constante, ese que empurra ao equipo en cada xornada.

Se non puideches recollelo ese día, aínda estás a tempo. Podes pasar polas oficinas do club e obtelo simplemente presentando o teu carné de abonado.

Un agradecemento compartido

Queremos destacar tamén a colaboración dos representantes das nosas peñas, que estiveron connosco no reparto dos agasallos nas portas da Malata. O seu compromiso e entusiasmo representan á perfección o espírito racinguista: dar sempre un paso adiante.

Horario de oficina

De luns a xoves: de 10:00 a 17:00 horas
Venres: de 10:00 a 14:00 horas