Skip to main content
Édgar Climent Pujol, convocado pola República Dominicana para a Liga de Nacións da Concacaf

O defensa racinguista disputará catro encontros co combinado caribeño, do 24 de setembro ao 4 de outubro

There are no reactions yet. Be the first!

Édgar Climent Pujol foi convocado pola República Dominicana para disputar a próxima xanela internacional da Liga de Nacións da Concacaf, que levará ao combinado caribeño a afrontar catro partidos entre o 24 de setembro e o 4 de outubro.

O defensa racinguista incorporarase á concentración da súa selección despois do partido que o Racing disputará este sábado ante o Barakaldo CF na Malata e permanecerá co conxunto dominicano ata a finalización do seu último compromiso, o 4 de outubro.

Durante este período, República Dominicana enfrontarase a Nicaragua, Trinidad e Tobago e Haití, cun total de catro encontros correspondentes á fase de grupos da Liga A da Nations League da Concacaf. República Dominicana afrontará esta fase co obxectivo de avanzar no torneo e buscar unha praza para a Copa Ouro 2027.

O calendario será o seguinte:

  • 24 de setembro: República Dominicana – Nicaragua.

  • 27 de setembro: Trinidad e Tobago – República Dominicana.

  • 1 de outubro: República Dominicana – Haití.

  • 4 de outubro: Nicaragua – República Dominicana.

A súa participación coa selección implica que o Racing deba prescindir da súa presenza ante o CD Lugo e o Pontevedra.