Skip to main content
Venda de entradas para o partido do sábado contra o Barakaldo CF
There are no reactions yet. Be the first!

Xa están á venda as entradas para o primeiro partido como local de Primeira Federación, que este sábado 19 disputaremos a partir das 16.30 horas na Malata ante o Barakaldo CF. 

As localidades poderán adquirirse tanto de forma presencial, nas oficinas da Malata, como en liña.

Os prezos son os seguintes

  • Tribuna: 25 €
  • Preferencia: 20 €
  • Fondos: 15 €

Horarios

  • Venda en liña: Neste enlace
  • Venda física: martes a xoves, de 10:00 a 16.30 horas; venres, de 10.00 a 13.30 horas e o sábado, día de partido, nas billeteiras da Malata situadas na bancada de Preferencia desde unha hora antes.

Afección visitante

A afección visitante estará ubicada no sector 11. As entradas terán un prezo único de 15€