O futbolista rendeu a gran nivel neste comezo do campionato e suma xa dous goles
Migue Leal embolsa o primeiro galardón co que o noso patrocinador, Estrella Galicia, premia durante a tempada aos xogadores do cadro racinguista máis destacados de cada mes.
O futbolista de Villareal foi elixido como o mellor xogador de setembro a través da votación realizada polos nosos afeccionados en redes sociais. Leal, autor de dous goles nos dous primeiros partidos disputados na Malata e protagonista dun gran inicio de tempada, aglutinou o 49 % dos votos, por diante de Álvaro Ramón e Roberto Arroyo, os outros dous candidatos da terna.
Leal mostrouse moi agradecido polo respaldo da afección e destacou a importancia do apoio dos racinguistas neste inicio de campaña: "Estou moi contento e moi satisfeito porque o traballo que estou facendo está dando os seus froitos. A xente está percibindo o que transmito e iso ponme moi feliz."