Skip to main content
Venda de entradas para o partido contra o Deportivo Fabril en Riazor

As localidades terán un prezo de 15 euros e a venda será preferente para abonados

There are no reactions yet. Be the first!

O Racing Club Ferrol porá á venda o luns de forma preferente para os seus abonados as entradas que o Deportivo Fabril lle asignou para a bancada de afección visitante de cara ao encontro que ambos equipos disputarán o vindeiro sábado 10 de outubro, ás 16.30 horas, no Estadio Abanca Riazor, correspondente á sétima xornada de Primeira Federación. 

Das 564 localidades dispoñibles, a entidade reservou arredor de 125 localidades para a Federación de Peñas, destinadas á promoción de viaxes organizados para abonados. 

As localidades terán un prezo único de 15€ e todas elas serán nominativas, polo que é necesario achegar o nome e DNI da persoa que as vai utilizar, así como un correo electrónico, pois será o Deportivo Fabril quen as envíe directamente ao comprador por esa vía.

Venda para abonados

A venda exclusiva para abonados desenvolverase nas oficinas da Malata do luns 5 ao mércores 7 de outubro, en horario de 10.00 a 16.30 horas. 

Cada abonado poderá adquirir un máximo de tres localidades. Será obrigatorio achegar a información correspondente de todas as persoas que vaian utilizar as localidades. Todos os asistentes deberán ser abonados do club.

Venda para público non abonado

No caso de que queden localidades dispoñibles despois da venda para abonados, o xoves 8 de outubro abrirase a venda ao público non abonado, de 10.00 a 12.00 horas.