Skip to main content
Comeza a costura do céspede híbrido do primeiro campo da Cidade Deportiva de Mandiá

As tarefas prolongaranse durante unha semana na que as máquinas traballarán 24 horas ao día

There are no reactions yet. Be the first!

A conta atrás para dispoñer do primeiro terreo de xogo da nova Cidade Deportiva de Mandiá xa está en marcha.

Completada a colocación dos máis de 8.200 metros cadrados de céspede natural que conforman a superficie de xogo, este luns comezou unha das fases máis especializadas do proceso: o cosido de fibras sintéticas que converterán o campo nun terreo de xogo híbrido.

Dúas máquinas de última xeración traballan xa sobre o terreo nunha operación que se prolongará durante aproximadamente unha semana. Durante este período, os labores desenvolveranse de forma ininterrompida, as 24 horas do día, co obxectivo de completar canto antes esta última etapa de adecuación.

A maquinaria emprega tecnoloxía láser para mapear con precisión toda a superficie de xogo e coser automaticamente miles de fibras sintéticas en intervalos regulares de dous centímetros. Estas fibras actúan como reforzo estrutural para a herba natural, achegando resistencia e estabilidade á superficie e preparándoa para as esixencias do traballo dun equipo de fútbol profesional.

Unha vez completado este proceso, e tras o necesario período de asentamento, o primeiro equipo poderá comezar a traballar nas novas instalacións. Se as condicións acompañan, a estrea do campo podería producirse nas próximas semanas.