Os xuvenís seguen en racha
Bons resultados e sensacións nunha nova xornada das categorías de formación
A nosa formación xuvenil da Liga Nacional prolonga a súa boa racha, sumando a súa quinta vitoria ante o AJ Lérez (3-2) nesta tempada na que conta os seus partidos por triunfos. Fixérono nun encontro que se complicou nos instantes iniciais ao encaixar un gol aos seis minutos de xogo. Foi unha proba de lume para os de Nacho García, que se recompuxeron do golpe e lograron a remontada. O AJ Lérez, moi combativo, sorprendeu de novo forzando a igualada, pero na última acción do partido, co tempo xá cumprido, un cabezazo de Diego Rey deulles os tres puntos e permíteos seguir invictos.
Tamen houbo moitos goles no encontro de Preferente Futgal xuvenil que enfrontou ao Racing Club Ferrol B co Compostela B en terreo compostelán. Oito goles marcaronse nun duelo que rematou con reparto de puntos tras alternativas constantes no marcador. Os ferroláns lograron unha renda de dous tantos, pero viron como o seu adversario remontou o marcador en dúas ocasións. Nos instantes finais, un último gol de Hugo Cartelle, que pechou o partido cun "hat trick".
Pleno de vitorias tamén para o equipo cadete masculino de Preferente Futgal que derrotou en A Gandara ao Lourenzá (4-0) nun encontro que os departamentais encarrilaron con tres tantos xa na primeira parte. Tamén cómodo triunfo das nenas da Liga Galega que gañaron ao Santa Cruz (5-0) nun encontro moi cómodo para as ferrolás. Neste mesmo grupo de idade, o Racing B empatou a domicilio (1-1) co Sada nunha contenda mediatizada pola choiva e pola auga acumulada no campo. Os ferroláns adiantáronse no marcador, pero viron como o seu rival logrou o empate practicamente na última xogada do partido.
Na categoría infantil, non puideron comezar mellor as cousas para o conxunto de División de Honra, que o pasado fin de semana sumou a domicilio a súa cuarta vitoria da tempada ao derrotar con holgura ao Santa Mariña. Na primeira parte, os ferroláns, que gañaron todos os partidos disputados ata o momento, xa gañaban con comodidade. Vitoria cómoda tamén para o equipo feminino da Liga Galega que superou ao Orzán B sumando así a súa primeira vitoria desta tempada. En Primeira Futgal, o Racing B levouse o derbi fronte ao Galicia de Caranza nun partido que se decantou con claridade a favor do conxunto racinguista.
Finalmente, o estreo da competición alevín de Primeira Galicia deparou un encontro entre os nosos dous equipos con vitoria para a formación A nun partido moi disputado, con ocasións para ambas formacións e no que os dous conxuntos demostraron a boa preparación que fixeron nas últimas semanas.