Skip to main content
Cantera

O Racing Juvenil A ascende a División de Honra

There are no reactions yet. Be the first!

Con unha vitoria in extremis por 2-3 sobre o Arosa SC "B", o noso equipo Xuvenil A logrou un meritorio ascenso a División de Honra cando aínda restan dúas xornadas para o final da competición. Os racinguistas aseguraron, coa súa vitoria, rematar o campionato en postos de ascenso directo. Un notable éxito para unha escadra dirixida por Nacho García, que enfrontou o duelo en A Lomba sabendo que, tras o empate do Coruxo, os tres puntos lle permitirían alcanzar o obxectivo.

Un gol de Iago Estévez no minuto 5 parecía encarrilar a vitoria para o noso equipo, pero o Arosa SC deu a volta ao marcador mediada a segunda parte. Na recta final do duelo, os ferroláns botaron o resto: Felipe Martínez restableceu a igualada no minuto 83 e, xa co tempo cumprido, no 90, Joel Tenreiro, de penalti, fixo o gol que supuxo a vitoria e o ascenso.

O seu éxito súmase aos conseguidos recentemente polos Cadetes A e Infantís B, que tamén lograron pechar a competición dando o salto de categoría.