Escoita, unha realidade na Malata
O servicio de audiodescripción estará dispoñible en todos os partidos do equipo na Malata
O proxecto Escoita desembarcou o pasado domingo en A Malata para facer do noso estadio un lugar máis inclusivo e accesible para as persoas con discapacidade visual. Con motivo da disputa do partido ante o Real Oviedo, estreamos este servizo de audiodescrición que estará dispoñible para todos os partidos da LALIGA Hypermotion que disputemos como locais esta tempada.
Álvaro Otero, un mozo abonado do club, e Jesús Ruiz, CEO de Escoita, abandeiraron a chegada da aplicación a A Malata e o domingo puideron disfrutar dende a bancada dunha das súas grandes paixóns, o fútbol. Fixérono grazas á voz de Xavi Collazo, a outra parte da ecuación, quen dará forma á narración dos partidos.
“Antes escoitaba a radio normal, pero había tantas conexións con outros campos, que non me enteraba do que pasaba”, explicaba durante o encontro Álvaro, para quen o novo sistema é “moi mellor”. “Doulle as grazas ao Racing e a Jesús por facelo posible”, sentenciaba o pequeno.
“Para min é un orgullo que dous equipos galegos como o Racing Club Ferrol e o Real Club Deportivo sexan pioneiros en accesibilidade”, apuntaba no descanso do partido Jesús Suárez, moi satisfeito coa execución técnica do servizo. “Grazas ao Racing, hoxe en día, A Malata é un dos estadios máis accesibles do mundo para persoas con discapacidade visual”, puntualizaba, “Eu non elixín ser cego, é algo que me sucedeu, como podería ocorrerlle a calquera dos que estamos aquí. Este proxecto nace dunha necesidade e creo que a sociedade e as institucións teñen a posibilidade e responsabilidade de facer máis inclusivos este tipo de eventos.