Venda de entradas para a estrea na Malata do domingo contra o Real Unión Club
As entradas poderanse retirar tanto de forma presencial como en liña
Xa están á venda as entradas para o primeiro partido como local de Primeira Federación, que este domingo día 13 disputaremos a partir das 12.00 horas na Malata ante o Real Unión Club.
As localidades poderán adquirirse tanto de forma presencial, nas oficinas da Malata, como en liña.
Venda física: martes a xoves, de 10:00 a 16.30 horas; venres, de 10.00 a 13.30 horas e o domingo, día de partido, nas billeteiras da Malata situadas na bancada de Preferencia desde unha hora antes.