Skip to main content

Distendido encontro coa afección no Centro Comercial Carrefour

Concha, Tejera e Saúl compartiron a tarde do xoves cos afeccionados que acudiron ao hipermercado

There are no reactions yet. Be the first!

David Concha, Saúl e Sergio Tejera participaron na tarde do xoves nun encontro con afeccionados celebrado no Centro Comercial Carrefour, situado en Parque Ferrol.

Durante a acción, os futbolistas conversaron cos visitantes, compartindo momentos de proximidade coa afección, sacaron fotografías e asináron autógrafos a todos os seguidores que se achegaron ao espazo habilitado para a ocasión.

A iniciativa, que tivo unha gran acollida por parte do público, estivo organizada polo Club Carrefour.