Skip to main content
Chubasqueiros verdes para a afección no partido ante a UD Logroñés

Ante a posibilidade de choiva, repartiranse o sábado nos accesos ao estadio a todos os asistentes para tinguir de verde A Malata

Con motivo do encontro ante a UD Logroñés, correspondente á undécima xornada de Primeira Federación (13.00 horas), o sábado repartiranse chuvasqueiros reutilizables entre todos os afeccionados que acudan ao encontro.

A entrega realizarase nos accesos, en cada unha das portas, de xeito que cada racinguista poderá recoller o seu ao entrar.

Os chuvasqueiros son un detalle práctico para que a afección siga o partido con total comodidade, ante a posibilidade de choiva e, ademais, tinguirán de verde as bancadas de A Malata.

O reparto de chuvasqueiros é unha iniciativa do Concello de Ferrol, como promotor das obras de substitución da cuberta do estadio. Os traballos seguen avanzando: a bancada de Preferencia luce xa a súa nova cuberta e a actuación continúa no resto do recinto.

Lembramos que unicamente se permite o acceso ao estadio con paraugas pregables.