Skip to main content

ASOTRAME e a ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CÁNCER, protagonistas nos prolegómenos do encontro

Un partido a prol da esperanza #TodosContraOCáncer

There are no reactions yet. Be the first!

Con motivo da conmemoración do Día Mundial Contra o Cancro, celebrado o pasado 4 de febreiro, desde o Racing Club Ferrol quixemos dar visibilidade ao traballo que realizan dúas das asociacións máis activas da comarca: a Asociación Española Contra o Cancro e ASOTRAME

Nos prolegómenos do encontro disputado en A Malata ante o CD Castellón, os xogadores de ambos equipos enarbolaron sendas pancartas promovidas desde estes colectivos. 

Ademais, os xogadores, como xa fixeran no Ciutat de València, portaron brazaletes verdes para recordar que o partido de onte se xogaba a favor da esperanza.