Skip to main content
Club

Asanog visita-nos en A Malata

Durante o partido contra o Córdoba CF, demos visibilidade a esta asociación que dá soporte a nenos e mozos pacientes oncolóxicos e ás súas familias.

There are no reactions yet. Be the first!

Unha ampla delegación de ASANOG, Asociación de Axuda a nenos Oncolóxicos de Galicia, visitou o sábado A Malata con motivo da disputa do partido ante o Córdoba CF. Os nosos convidados gozaron dun tour polas nosas instalacións no que puideron coñecer como se traballa no club un día de partido, ademais de lugares emblemáticos deste estadio como a súa sala de prensa, zona mixta ou palco.

Como colofón a esta inolvidable xornada para os pequenos e as súas familias, varios deles puideron saír ao campo cos xogadores de ambos equipos como parte dunha actividade coa que pretendemos dar visibilidade e repercusión ao traballo desta asociación.